Centros De Estudos Galegos
CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS
CENTRUM STUDIÓW GALICYJSKICH
w Krakowie i w Warszawie
Centros De Estudos Galegos
www.galicia.pl
Centros De Estudos Galegos Centros De Estudos Galegos
Galiza
Centros De Estudos Galeos

Galiza
é unha Comunidade Autónoma e Nacionalidade Histórica dentro do Reino de Espana e situada ao noroeste da Península Ibérica. Ao leste linda co resto do estado espanol (Asturias na zona norte e Castela-León máis ao sur), ao oeste co Océano Atlántico, ao norte co Mar Cantábrico) e ao sur (no río Mino) coa República de Portugal, no inicio un condado galego que se independizou do reino da Galiza entre 1128 e 1140.

Ten como lingua oficial o galego, de orixe común co portugués, que comparte o dito estatuto co espanol, que é oficial en todo o estado. O termo Galiza, segundo as novas normas da RAG (Real Academia Galega) do ano 2003, acéptase para referírmonos á Comunidade Autónoma de Galicia (mantendo este último como recomendado).

Ten uns 2,8 millóns de habitantes (2002) cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia de A Coruna.
Centro
Centros De Estudos Galeos

O Centro de Estudos Galegos
de Varsovia foi inaugurado en 1997, mentres que o xemelgo Centro en Cracovia comezou a funcionar tres anos máis tarde. Ao longo destes anos tratouse de ampliar o número de persoas interesadas polos estudos galegos a través da promoción sobre todo no ámbito universitario, pero non só. Os resultados son positivos xa que cada vez son máis aqueles que se achegan ás aulas ou ás diferentes actividades que se organizan ao longo de cada curso académico.

INVITAMOS A COÑECER A OFERTA EDUCATIVA DOS CENTROS CRACOVIANO E VARSOVIANO.

Ambolos centros contan todos os anos entre as súas actividades cun concerto (Anubía, Os Estalotes, Leilía, Narf, Paulina Ceremu¿yñska, The Reelium) e un contacontos (Candido Pazó, Santi Prego, Quico Cadaval, Carlos Blanco), ademais de conferencias, proxección de filmes galegos, recitais, exposicións, etc.
En cada curso tratan de sumarse máis exemplares aos fondos bibliográficos para axudar aos estudantes a realizar os seus estudos.
Os alumnos realizan as súas teses de licenciatura ou de doutoramento sobre temática galega. Varios recibiron as bolsas de estadías do persoal dos departamentos de estudos galegos de universidades de fóra de Galicia no Centro Ramón Pineiro para a Investigación en Humanidades. Todos os anos son enviados alumnos aos cursos de verán de galego para estranxeiros do ILGA.

2006 Centrum Studiów Galicyjski w Krakowie i w Warszawie
wykonanie: Nivo