Centros De Estudos Galegos
CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS
CENTRUM STUDIÓW GALICYJSKICH
w Krakowie i w Warszawie
Centros De Estudos Galegos
www.galicia.pl
Centros De Estudos Galegos Centros De Estudos Galegos
Lingua
Centros De Estudos Galeos

O galego é a lingua
propia de Galicia. O galego naceu arredor do século IX d.C como consecuencia da evolución do latín na Gallaecia romana sobre unha base de diferentes falas celtas e paraceltas; posteriormente influíron as linguas dos diferentes pobos que se asentaron no territorio (suevos e visigodos e, en menor medida, árabes). Logo dun período de grande esplendor na época medieval, a lingua galega sufriu un proceso de substitución por parte do castelán que durou séculos e que se incrementou e agudizou coa ditadura franquista.

Mais segue sendo a lingua de uso maioritario entre a poboación: fálaa habitualmente ou ás veces un 88% dos seus habitantes e enténdea un 94%.

Dende 1983, en que se aprobou a Lei de normalización lingüística, en Galicia avanzou o proceso de recuperación do galego, a cargo das administracións públicas e de moitas entidades e organismos do noso territorio, que pretenden potenciar e incrementar o emprego do galego na vida pública, na educación, na cultura, na economía, nos medios de comunicación...

2006 Centrum Studiów Galicyjski w Krakowie i w Warszawie
wykonanie: Nivo