Centros De Estudos Galegos
CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS
CENTRUM STUDIÓW GALICYJSKICH
w Krakowie i w Warszawie
Centros De Estudos Galegos
www.galicia.pl
Centros De Estudos Galegos Centros De Estudos Galegos
Actualidade_7
Centros De Estudos Galeos

I Encontro Nacional: Linguas e culturas minoritarias da Península Ibérica nos estudos polacos, 14-15 de outubro 2006, Cracovia


O Centro de Estudos Galegos da Universidade Iaguelónica de Cracovia celebra o seu quinto aniversario. Con este motivo, xunto co Centro xemelgo da Universidade de Varsovia, organiza os días 14 e 15 de outubro de 2006 en Cracovia, o primeiro encontro nacional dedicado ás linguas e culturas minoritarias da Península Ibérica nos estudos polacos.
É ben doado observar, que dende hai uns anos, o interese polas culturas e literaturas de Cataluna, Galiza ou País Vasco experimenta un crecemento notable en Polonia, entre os estudosos de filoloxía hispánica e portuguesa, pero non só. As linguas destas nacións ensínanse nas principais universidades polacas, publícanse cada vez máis artigos, estudos e disertacións no ámbito das letras, así como traducións das así chamadas "literaturas minoritarias", as que a pesar do seu estatus periférico, merecen, sen dúbida algunha, unha altísima consideración.
O propósito máis importante do encontro é consolida-las comunidades científicas interesadas pola temática relacionada coas minorías peninsulares, conece-las distintas áreas de investigación, intercambiar experiencias e ideas nos campos da promoción, a didáctica e a traducción. Estamos seguros de que a procura dos posibles lugares comúns e mailas diferenzas van resultar de gran proveito para tódolos participantes.
Outro propósito, non menos esencial para o futuro, é espertar e animar o interese polas linguas e culturas minoritarias da Península Ibérica entre os estudantes, de aí que unha parte importantísima do encontro vana formar comunicacións dos que están iniciando o seu camino intelectual cara ao País Vasco, Cataluna ou Galiza. Por este motivo propónense as seguintes linguas oficiais do encontro: polaco, catalán, éuscaro, galego, castelán e portugués.

Intentaremos cubri-los gastos do aloxamento, polo menos aos estudantes, así como anima-los centros de procedencia a participar nos gastos da viaxe.
Esperamos que a idea do encontro esperte o interese de tódalas comunidades para as que unha das maiores riquezas da Península Ibérica é a súa diversidade cultural e lingüística, de toda a xente que comparte connosco a preocupación polas culturas periféricas nun mundo cada vez máis globalizado.


Os títulos dos relatorios, xunto cun curto resumo, pódense mandar ata o día 31 de maio de 2006 a:

Dra Maria Filipowicz-Rudek
Lucía Rodríguez Caeiro
Centro de Estudos Galegos
Instytut Filologii Romañskiej
Uniwersytetu Jagielloñskiego
Al. Mickiewicza 9/11
31-120 Kraków

ou aos enderezos electrónicos:

centrocracovia@galicia.pl
mfilip@lingua.filg.uj.edu.pl
centrovarsovia@galicia.pl
luciacaeiro@hotmail.com



- 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 -


2006 Centrum Studiów Galicyjski w Krakowie i w Warszawie
wykonanie: Nivo